En coordinación coa Universitat de Barcelona, o obxectivo fundamental do proxecto é o estudo do protagonismo das voces femininas (ficticias, pois non se conservan nomes de «trobadoras») e do seu espazo na lírica galego-portuguesa, sempre en relación coa lírica románica, atendendo ás súas principais representacións, e tendo en conta os ámbitos histórico e artístico nos que se enmarca.