Catedrática de Universidade

Dra. Elvira Fidalgo Francisco

Catedrática de Filoloxía Románica desde 2020, na súa traxectoria docente compaxinou o ensino de materias de ámbito lingüístico e literario, en diversos xéneros e períodos cronolóxicos. A súa investigación xira arredor de tres eixos esenciais: a poesía trobadoresca galego-portuguesa, a literatura haxiográfica e, de maneira particular, as Cantigas de Santa María, tres aspectos que xa estaban presentes na súa tese de doutoramento (1992, Premio extraordinario de Doutoramento).

Con seis sexenios de investigación recoñecidos pola Agencia Nacional de Evaluación (ANECA), tanto os seus catro libros publicados como os numerosos artigos derivados das devanditas liñas de estudo poden consultarse en https://usc-es.academia.edu/ElviraFidalgoFrancisco

Dirixiu ou participou en numerosos proxectos de investigación financiados por diversas entidades públicas, sempre relacionados dalgún xeito coa poesía medieval galego-portuguesa. Así mesmo, tutelou varios traballos de investigación, desde TFM a Teses de Doutoramento, e foi Coordinadora -e redactora da memoria- do Programa Oficial de Posgraduado Interuniversitario Máster en Edición (2008-2013). Actualmente segue dirixindo o Proxecto Cantigas de Santa María que se desenvolve no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, do que xa resultaron diferentes publicacións.

Paralelamente, desenvolveu un intenso labor de xestión na área de Filoloxía Románica, no Departamento, na Facultade e na Universidade (Vicerreitora de Cultura da USC, 2009-2011). Como Directora Académica de Cursos Internacionais (2002-2004), traballou no ámbito da aprendizaxe de español como segunda lingua (E/LE) e entre 2006 e 2015 foi a Coordinadora do equipo que redactou a normativa e as probas para a obtención das actuais certificacións autonómicas de coñecemento de galego (Celga), referenciadas ao MCER, así como os materiais para a preparación e a avaliación das mesmas, así como diversas publicacións derivadas.

Entre 2013 e 2017 foi Vicepresidenta da Asociación Hispánica de Literatura Medieval (AHLM) e forma parte do Comité Científico de diversas revistas especializadas e doutros tantos Congresos Internacionais celebrados nos últimos anos.

Dirección do proxectos de I+D+i

Las Cantigas de Santa Maria. De la edición a la interpretación..
Proxecto para a Aprendizaxe e Avaliación de Lingua Galega (PAAGA).
Cantigas de Santa María.
Poesía y cancioneros.

Participación no proxectos de I+D+i

Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema Universitario de Galicia.
Consolidación e estruturación. Rede de Estudos medievais interdisciplinares.
El debate metaliterario en la lírica románica medieval.
O rei Don Denis e os trobadores da súa época.
El sirventés literario en la lírica románica medieval.
Cancioneiros galego-portugueses: edición crítica e estudo (en formato impreso e electrónico) de varios corpora. Equipo da USC: Cancioneiro de Cabaleiros / Equipo da UDC: Segundo Cancioneiro Aristocrático.
Consolidación e estruturación. Grupo de Referencia Competitiva (GRC) GI-1350 Románicas (Filoloxía, Literatura medieval).
O léxico do sufrimento nos trobadores.
Primeros textos románicos.
Notas lingüísticas de Angelo Colocci.

Director/a da Teses

Espacio leído y espacio representado en las Cantigas de Santa María. Una nueva aproximación.
Las cantigas de Afonso Eanes do Coton: edición y estudio
Xeolingüística da periferia románica atlántica: linguas e lugares
Una raccolta agiografica in volgare: il manoscritto queriniano BQ I III 11, nuovo testimone del poemetto su Santa Margherita d’Antiochia
Maria tra sciència e amància. La mariologia per i laici ed edizioni critiche del Plant de la verge, delle Hores de nostra dona e delle Hores de santa Maria di Ramon Llull
Le Cantigas dei santi nello scriptorium del re Alfonso X Il Saggio

Publicacións artigos e revistas

Non hay tesis a mostar