Prosa Literaria Galega Medieval

Nome do programa: Promoción e apoio á investigación no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

Investigador principal:

Dra. Esther Corral Díaz.

Equipo de investigación:

Tania Vázquez García.
Fecha de inicio: 01/10/2015
Entidade financiadora: Consellaría de Educación – Secretaría Xeral de Política Lingüística
Ano: 2015
Presuposto:
Código: 2011-CP081
Proxecto Finalizado
Tipo: Convenio, Autonómico

O proxecto Prosa Literaria Galega Medieval ten como obxectivo prioritario a edición, estudo, caracterización e anotación das obras medievais que integran o xénero que dá título ao proxecto. O corpus da investigación está constituído polos seguintes textos: Arte de Trovar; Crónica de Castela; Crónica de Santa María de Iria; Crónica Troiana; Crónica Xeral; Crónica Xeral de 1404; Foro Real; Flores de Dereito; Historia Troiana; Libro de Tristán; Miragres de Santiago; Tratado de Albeitería e Xeral Estoria.

 

Ademais da elaboración (ou revisión, no caso de que xa existan traballos realizados con criterios filolóxicos rigorosos) das edicións paleográfica e crítica de cada texto, o proxecto contempla tamén o estudo dos aspectos filolóxicos e literarios que caracterizan a cada obra. Neste período estase traballando na actualización da base de datos BIRMED, nunha introdución das obras do corpus e na realización dunha base de datos que recolla os textos de prosa, xa editados, con buscas en campos léxicos e literarios, que sexan de interese para os especialistas e que poderá ser consultada na páxina web do CRPIH.

Publicacións derivadas - teses

Non hay proxectos a mostar
Convenio - Autonómico

Prosa Literaria Galega Medieval

Duración do Proxecto: 01/10/2015
Nome do programa: Promoción e apoio á investigación no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

Investigador principal:

Dra. Esther Corral Díaz.

Equipo de investigación:

Tania Vázquez García.
Entidade financiadora: Consellaría de Educación – Secretaría Xeral de Política Lingüística
Código: 2011-CP081
Proxecto Finalizado

Publicacións derivadas - teses

Non hay proxectos a mostar