Realizado ao abeiro do Plan I2C da Xunta de Galicia (modalidade A), este proxecto (que se viu afectado por unha baixa médica desde o 10/01/2014 ata o 12/11/2014) desenvolveuse na Universidade Nova de Lisboa. O obxectivo principal foi a elaboración dunha transcrición do Livro d’Alveitaria escrito polo Mestre Giraldo por encargo de Don Denis en 1318 e conservada no cód. 2294 da Biblioteca Nacional de Portugal. A pertinencia do traballo viña determinada pola necesidade de mellorar a meritoria, mais deficiente, proposta de Gabriel Pereira en 1909 co obxecto de proporcionar un texto máis fiable desde aquela aproximación paleográfica con vistas a unha posible incorporación da obra ao CIPM.