Resultados
- Documental As ribeiras do Miño, o berce da lírica hispánica. Ver en Youtube: Galego | Castelán | Inglés
- CD Vai lavar cabelos na fontana fría. As orixes da lírica hispánica. Escoitar en Bandcamp.
- Libro Vai lavar cabelos na fontana fría. As orixes da lírica hispánica.
- Libro Transitando polas vías da lírica hispánica. A ruta dos trobadores.
- Diálogos sobre a lírica galega medieval (con Carlos Núñez e Mariña Arbor). Ver en Youtube.
- Pero Meogo cantado por Antoni Rossell. Ver en Youtube.
- Fragmenta Vai lavar cabelos na fontana fría. Ver en Youtube.
Patrimonio cultural de la Eurorregión Galicia-Norte de Portugal: Valoración e Innovación (GEOARPAD III-PILOTO 1-LÍRICA) abrangue o estudo da Historia, da Arte e da Literatura medievais co propósito de deseñar e elaborar produtos turísticos dixitais que permitan a participación activa dos seus usuarios.
Concretamente, o proxecto analizará unha serie de relacións que se constatan entre determinadas abadías cistercienses do sur de Galicia e o norte de Portugal, as familias nobres alí implantadas e a implicación destas na creación e promoción dos textos líricos galego-portugueses.
A iniciativa pretende poñer en valor o patrimonio material e inmaterial dunha zona da Península Ibérica inmerecidamente deprimida, que non só ofrece unha riqueza patrimonial senlleira senón que constitúe o berce dunha tradición literaria que guiou o canon da poesía lírica no centro e occidente ibéricos entre os séculos XII e XIV.
Os resultados obtidos no proceso de investigación divulgaranse mediante unha serie de materiais interactivos, audiovisuais e impresos creados para que os visitantes gocen e experimenten a Idade Media.
