Lírica profana galego-portuguesa

Nome do programa: Promoción e apoio á investigación no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

Investigador principal:

Pilar Lorenzo Gradín.

Equipo de investigación:

Mercedes Brea (CO-IP), Carmen de Santiago Gómez.
Fecha de inicio: 01/01/1994
Entidade financiadora: Secretaría Xeral de Política Lingüística – Xunta de Galicia
Ano: 1994
Presuposto:
Código: 2007-CP194
Proxecto Finalizado
Tipo: Convenio, Autonómico

O proxecto naceu co obxectivo de proporcionar instrumentos de traballo fiables e de fácil acceso para os estudosos da lírica galego-portuguesa.

Por iso, a primeira fase consistiu na recompilación das case 1.700 cantigas que integran o corpus, seleccionando, entre as edicións críticas dispoñibles en 1994, as que se consideraban máis rigorosas. Para cada unha delas, elaborouse unha ficha con indicacións precisas sobre esquemas métricos e retóricos, indicación de xénero, modalidade compositiva, etc., e o produto recolleuse nunha publicación en dous volumes (Lírica profana galego-portuguesa).

Finalizada esta fase, procedeuse a preparar os materiais para convertelos nunha base de datos (MedDB v.1), que pode ser consultada en Internet dende o ano 1998. Paralelamente, iniciouse o traballo sobre unha versión máis elaborada desa base de datos (MedDB v.2), máis rica en posibilidades, que substituíu dende setembro de 2008 á versión anterior. Entre as novidades fundamentais que ofrecía esta segunda versión mellorada e actualizada de MedDB destacaban: a introdución das novas edicións que das cantigas se publicaron dende o ano 1998 e que se consideraron máis fiables que as que foran seleccionadas orixinariamente, a posibilidade de realizar buscas non só por cantiga e trobador, como xa se podía facer na primeira versión, senón tamén por estrofas e por versos e a inclusión dun completo corpus das imaxes, en alta resolución e calidade, de todos os manuscritos orixinais que transmitiron, ata os nosos días, as cantigas galego-portuguesas. En 2016 abriuse ao público a terceira versión da base de datos (MedDB v.3), que amplía e actualiza a anterior. Nesta fase de MedDB engadíronse, entre outras cousas, as rúbricas explicativas e as notas coloccianas transmitidas nos apógrafos italianos, actualizáronse os datos e as edicións de referencia e modificouse o deseño da ferramenta para que o seu uso sexa máis intuitivo e asequible para todo o público interesado.

Ao mesmo tempo, deseñouse unha base de datos para incorporar a bibliografía sobre a nosa lírica trobadoresca, con posibilidade de buscas temáticas mediante o recurso a palabras-clave e coa inclusión dun índice de citas, que deu lugar á actual BIRMED.

Mais informacion: NOn funciona.
https://cirp.gal/w3/proxectos/proxecto-lirica-profana-galego-portuguesa.html

Publicacións derivadas - teses

Non hay proxectos a mostar
Convenio - Autonómico

Lírica profana galego-portuguesa

Duración do Proxecto: 01/01/1994
Nome do programa: Promoción e apoio á investigación no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

Investigador principal:

Pilar Lorenzo Gradín.

Equipo de investigación:

Mercedes Brea (CO-IP), Carmen de Santiago Gómez.
Entidade financiadora: Secretaría Xeral de Política Lingüística – Xunta de Galicia
Código: 2007-CP194
Proxecto Finalizado

Publicacións derivadas - teses

Non hay proxectos a mostar