Vinculado tamén ao Plan I2C da Xunta de Galicia (modalidade B), este proxecto quere implementar as dúas actividades precedentes coa elaboración dunha edición crítico-interpretativa do Livro d’Alveitaria portugués e completar, así, o seu “campo bibliográfico”. A partir das diferentes aproximacións á obra preténdese sentarse as bases para o deseño dunha edición dixital dese texto que sexan de aplicabilidade a cada un dos 173 manuscritos identificados que transmiten o De medicina equorum de Giordano Ruffo (do que o Livro é unha reelaboración) e poder, daquela, trazar os vectores da transmisión do primeiro manual de veterinaria do occidente medieval en empresas futuras e de maior alcance.