É Profesora Titular na USC, onde defendeu a súa Tese de Doutoramento sobre O campo semântico da moda e da vestimenta no Cancioneiro Geral, obra sobre a cal realizou múltiplos estudos. É autora de numerosas publicacións sobre literatura portuguesa, nomeadamente dos períodos medieval, renacentista e barroco, así como sobre a súa proxección na contemporaneidade baixo unha perspectiva comparatista e interdisciplinaria. Nese sentido, destacan os seus traballos acerca das relacións Galiza-lusofonía, Portugal-Brasil e as conexións da lusofonía cos espazos ibérico e europeo en xeral. Integrou o grupo Graall (Grupo de Aspectos Lingüísticos e Literarios na Lusofonía) da USC, que coordinou entre 2017 e 2026. Ao longo da súa traxectoria, ten colaborado como investigadora en unidades ID de ámbito internacional, como o Centro de Literaturas e Culturas Lusófonas e Europeias (Universidade de Lisboa), o Centro de História (Universidade de Lisboa), ou o Centro de Estudos Globais (Universidade Aberta). Entre outros proxectos internacionais en que participa, cabe lembrar Diálogos Portugueses (Fundação Calouste-Gulbenkian-Universidade Nova de Lisboa) ou O Fenômeno Jacobeu como Permanência: A Popularização do Caminho de Santiago no Brasil (Programa Institucional de Apoio à Pesquisa-Pontifícia Universidade Católica de Goiás). E cabe mencionar tamén a coordinación e/ou integración como investigadora en proxectos como La obra de Mário Martins como estudio de las interrelaciones literarias y culturales en el contexto ibérico (nacional), Voces, espacios y representaciones femeninas en la lírica gallego-portuguesa (nacional), Laboratorio on line de la lírica medieval gallego-portugueses (nacional), Rede de Estudos Medievais Interdisciplinares (autonómico), Peregrinación a Compostela na orixe do teatro português (institucional), Roteiro da lírica medieval (institucional) etc. Dirixiu e está a dirixir actualmente teses de doutoramento sobre lírica medieval, literatura e Camiño de Santiago, ensino de lingua e cultura portuguesa e literaturas galega e portuguesa contemporáneas. Entre outros libros da súa autoría ou coautoría nos últimos dez anos, sobresaen O Padre António Vieira e as Mulheres (con J. E. Franco 2008/2013/2015), É perigoso sintentizar a Idade Média (con J. E. Franco, 2015), O meu Portugal [de] Guilherme de Almeida (con U. Infante, 2016), O caminho poético de Santiago (con Y. F Vieira e J.A. Souto Cabo) e Poesia, espetáculo e peregrinação a Santiago de Compostela na Corte portuguesa (2025).