[:gl]Homenaxe a Francisco Fernández Rei e Manuel González González[:es]Homenaje a Francisco Fernández Rei y Manuel González González[:]

[:gl]­

\"\"

A área de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago de Compostela quixo manter a tradición iniciada coa homenaxe ofrecida ao seu fundador, o profesor Constantino García, e continuada coas que se dedicaron aos profesores Antón Santamarina e Mercedes Brea, cando os mestres acadan os 65 anos de idade, pero sen agardar o momento da xubilación.

 

O xoves foi a vez dos profesores Francisco Fernández Rei e Manuel González González, que naceron cun ano de diferencia pero iniciaron xuntos a súa andaina universitaria. O acto contou coa participación de Ernesto González Seoane, vicereitor de Profesorado da USC; María José López Couso, decana da Facultade de Filoloxía; Francisco A. Cidrás Escáneo, director do Departamento de Filoloxía Galega; Antón Santamarina, catedrático de Filoloxía Románica e académico numerario da RAG; Carmen Alén Garabato, de Université Paul-Valéry Montpellier; Xosé Afonso Álvarez, da Universidad de Alcalá de Henares, e Mercedes Brea, catedrática de Filoloxía Románica.

 

No acto fíxose entrega aos homenaxeados de cadanseu volume de estudos, Limba noastră-i o comoară. Estudos de sociolingüística románica en homenaxe a Francisco Fernández Rei e Obreiro da lingua, amigo da xente. Estudos de xeografía lingüística en homenaxe a Manuel González González, editados polo Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC e que recollen trinta contribucións dos eidos principais de investigación dos homenaxeados.

 

Ligazóns

USC

Real Academia Galega

La Voz de Galicia

Faro de Vigo

El Correo Gallego

Galicia Confidencial

 [:es]­

\"\"

 

 

 

 

 

 

El área de Filoloxía Románica de la Universidade de Santiago de Compostela quiso mantener la tradición iniciada con el homenaje ofrecido a su fundador, el profesor Constantino García, y continuada con las que se dedicaron a los profesores Antón Santamarina y Mercedes Brea, cuando los maestros consiguen los 65 años de edad.

 

El jueves fue el turno de los profesores Francisco Fernández Rei y Manuel González González, que nacieron con un año de diferencia pero iniciaron juntos su andadura universitaria. El acto contó con la participación de Ernesto González Seoane, vicerector de Profesorado de la USC; María José López Couso, decana de la Facultade de Filoloxía; Francisco A. Cidrás Escáneo, director del Departamento de Filoloxía Galega; Antón Santamarina, catedrático de Filoloxía Románica y académico numerario de la RAG; Carmen Alén Garabato, de la Université Paul-Valléry Montpellier; Xosé Afonso Álvarez, de la Universidad de Alcalá de Henares, y Mercedes Brea, catedrática de Filoloxía Románica.

 

En el acto se hizo entrega a los homenajeados de su respectivo volumen de estudios, Limba noastră-i o comoară. Estudos de sociolingüística románica en homenaxe a Francisco Fernández Rei y Obreiro da lingua, amigo da xente. Estudos de xeografía lingüística en homenaxe a Manuel González González, editados por el Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC y que recogen treinta contribuciones de los ámbitos principales de investigación de los homenajeados.

 

Enlaces

USC

Real Academia Galega

La Voz de Galicia

Faro de Vigo

El Correo Gallego

Galicia Confidencial

 [:]

Compartir

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn
Telegram
Email
WhatsApp