Con motivo da presentación –no mes de maio de 2011– da versión electrónica conxunta das bases de datos Trobadors, Trouveors, Trobadores e LirIO, que recollen os corpora correspondentes ás catro grandes tradicións líricas medievais en lingua románica, deuse a coñecer un proxecto que iniciaba a súa andaina baixo o título Il lessico delle emozioni nella lirica europea medievale e un nuovo database, coordinado polo Prof. Roberto Antonelli, coa colaboración do Prof. Rocco Distilo, Prof. Paolo Canettieri, Prof.ª Mercedes Brea e Prof. Lino Leonardi, responsables, respectivamente, de cada unha das bases de datos mencionadas.