[:gl]A tradición manuscrita galego-portuguesa transmite cinco lais artúricos, dos que tres son adaptacións de poemas da versión II do Tristan en prose francés (ca. 1240). Pola contra, as dúas pezas restantes (O Marot aja mal grado y Ledas sejamos ogemais) carecen dunha fonte poética de referencia. Esta circunstancia ocasionou que unha parte da crítica propuxera a posibilidade de que ambos poemas fosen recreacións elaboradas por un trobador galego-portugués a partir de pasaxes en prosa do ciclo da Post-Vulgata. Non obstante, este traballo suxire a posibilidade de que o autor peninsular manexara unha versión reelaborada (e perdida) do Pseudo-Robert de Boron que xa contiña os dous intermezzi líricos apuntados. Por outra banda, a contribución constata que a serie de lais sufriu unha reorganización por parte dun compilador que modificou a orde inicial das pezas en función dos seus gustos estéticos. Finalmente, o artigo proxecta a análise codicolóxica dos textos no conxunto da tradición manuscrita para argumentar que os poemas bretóns se incorporaron á mesma na súa última fase de elaboración (ca. 1325-1350).[:es]La tradición manuscrita gallego-portuguesa transmite cinco lais artúricos, de los que tres son adaptaciones de poemas de la versión II del Tristan en prose francés (ca. 1240). Por el contrario, las dos piezas restantes (O Marot aja mal grado y Ledas sejamos ogemais) carecen de una fuente poética de referencia. Esta circunstancia ha ocasionado que una parte de la crítica haya propuesto la posibilidad de que ambos poemas sean creaciones elaboradas por un trovador gallego-portugués a partir de pasajes en prosa del ciclo de la Post-Vulgata. Sin embargo, este trabajo plantea la posibilidad de que el autor peninsular haya manejado una versión reelaborada (y perdida) del Pseudo-Robert de Boron que ya contenía los dos intermezzi líricos apuntados. Por otra parte, la contribución constata que la serie de lais sufrió una reorganización por parte de un compilador que modificó el orden inicial de las piezas en función de sus gustos estéticos. Finalmente, el artículo proyecta el análisis codicológico de los lais en el conjunto de la tradición manuscrita para argumentar que los poemas bretones se incorporaron a la misma en su última fase de elaboración (ca. 1325-1350).[:en]Sorry, the main information of this profile is only available in galician and in castilian.[:]