[:gl]Analízase o proceso polo que o personaxe de Morgana é reinterpretado polos ciclos en prosa franceses do século XIII. Constátase que o proceso de racionalización, que converte a fada dos textos do século XII nunha estudiosa das sete artes liberais e experta en nigromancia, vese acompañado por outra evolución paralela, que a desvincula da illa de Avalón. En consecuencia, o personaxe, interpretado de maneira cada vez máis negativa, situarase nos textos máis tardíos ao fondo dos bosques, na periferia do reino de Arturo, en tanto que é expulsada da corte e convértese nunha excluída da sociedade pola súa condición subversiva. Á súa vez, o oco que deixa Morgana en Avalón termina por ocupalo unha nova personaxe, a raíña de Avalón, que os ciclos en prosa describen como compañeira de Morgana e ás veces como a súa rival.[:es]Se analiza el proceso por el que el personaje de Morgana es reinterpretado por los ciclos en prosa franceses del siglo XIII. Se constata que el proceso de racionalización, que convierte al hada de los textos del siglo XII en una estudiosa de las siete artes liberales y experta en nigromancia, se ve acompañado por otra evolución paralela, que la desvincula de la isla de Avalón. En consecuencia, el personaje, interpretado de manera cada vez más negativa, se situará en los textos más tardíos el fondo de los bosques, en la periferia del reino de Arturo, en tanto que es expulsada de la corte y se convierte en una excluida de la sociedad por su condición subversiva. A su vez, el hueco que deja Morgana en Avalón temina ocupándolo un nuevo personaje, la reina de Avalón, que los ciclos en prosa describen como compañera de Morgana y a veces como su rival.[:en]Sorry, the main information of this profile is only available in galician and in castilian.[:]