[:gl]Ata o ano 2007, os especialistas só podían consultar a versión castelá do Livres dou Tresor de Brunetto Latini na edición de S. Baldwin (1989), pero nesa data Mª N. Sánchez publicou unha nova edición da obra. Dito traballo ofrece un texto que, ao cotexalo co fixado polo estudoso americano, presenta lecturas diferentes en abundantes pasaxes. No mesmo ano 2007, P. Beltrami coordinou unha nova edición da enciclopedia francesa para a que se utilizou como base o ms V2 (Verona Biblioteca Capitolare DVIII). Na nosa contribución confrontamos a versión publicada polo filólogo italiano e a realizada por Sánchez. Dita operación foi determinante, porque permitiu que se achegase a tradución castelá ao manuscrito francés V2 e ao seu grupo. Unha vez establecida a orixe do Libro del Tesoro, percibimos que a maior parte dos erros que ata o momento se lle imputaban ao tradutor non obedecían á súa pluma ou as súas tendencias interpretativas, senón que eran leccións que xa se atopaban no modelo que trasladaba. Ademais, a relación que a versión castelá mantén co citado códice V2 e a súa familia amosa que dita tradución (por oposición aos textos aragonés e catalán) depende da tradición manuscrita do Tresor que xermolou nos territorios franceses do Mediterráneo oriental.
[:es]Hasta el año 2007, los especialistas solo podían consultar la versión castellana del Livres dou Tresor de Brunetto Latini en la edición de S. Baldwin (1989), pero en esa fecha Mª N. Sánchez publicó una nueva edición de la obra. Dicho trabajo ofrece un texto que, al cotejarlo con el fijado por el estudioso americano, presenta lecturas diferentes en abundantes pasajes. En el mismo año 2007, P. Beltrami coordinó una nueva edición de la enciclopedia francesa para la que tomó como base el ms V2 (Verona Biblioteca Capitolare DVIII). En nuestra contribución hemos procedido a confrontar la versión publicada por el filólogo italiano y la realizada por Sánchez. Dicha operación fue determinante, porque permitió que se acercara la traducción castellana al manuscrito francés V2 y su grupo. Una vez establecido el origen del Libro del Tesoro, percibimos que la mayoría de los errores que hasta el momento se imputaban al traductor no obedecían a su pluma o a sus tendencias interpretativas, sino que eran lecciones que ya se encontraban en el modelo que trasladaba. Además, la relación que la versión castellana mantiene con el citado códice V2 y su familia muestra que dicha traducción (por oposición a los textos aragonés y catalán) depende de la tradición manuscrita del Tresor que se gestó en los territorios franceses del Mediterráneo oriental.[:en]Sorry, the main information of this profile is only available in galician and in castilian.[:]