José António Souto Cabo

José António Souto Cabo é catedrático de Filoloxía Galego-Portuguesa na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago.

Licenciado en Filoloxía Románica e Galego-Portuguesa, doutorouse en 1997 (premio extraordinario de doutoramento). Os dominios preferentes da súa investigación son a historia da lingua galego-portuguesa durante a Idade Media, a edición de textos medievais, o contexto sociocultural en que xorde e se desenvolve a lírica galego-portuguesa e as falsificacións históricas no século XVII.

En relación con estes temas, participou en numerosos proxectos de investigación financiados por entidades públicas. Tamén dirixiu teses de doutoramento cuxas temáticas abarcan dende cuestións lingüísticas á edición de textos portugueses medievais e ao estudo e referenciación de topónimos históricos.

A partir da análise e edición de documentos e de crónicas medievais galegas e portuguesas, realizou achegas significativas en campos como a lingüística histórica. Tamén destacou en temas máis concretos como o estudo biográfico de varios trobadores, a xénese e a transmisión de textos como a Crónica de Santa María de Iria ou a Historia compostelana, ou a relación do trobadorismo galego-portugués con Santiago de Compostela como centro político e relixioso.

Dirección do proxectos de I+D+i

Non hay proxectos a mostar

Participación no proxectos de I+D+i

Non hay proxectos a mostar

Director/a da Teses

Non hay tesis a mostar

Publicacións artigos e revistas

Non hay tesis a mostar