O Congreso Internacional Parodia e debate metaliterarios na Idade Media tivo como obxectivo principal prestar atención aos textos medievais en que un autor fai burla doutro(s) ou de tópicos propios dun xénero literario, e mesmo do propio acto de escribir; mais tamén atendeu aos debates en que o obxecto sobre o que se discute está directamente relacionado coa actividade literaria, sexa como reflexión seria sexa como simple entretemento ou con intencións claramente satíricas. Deste xeito, no encontro presentáronse tanto cuestións teóricas e metodolóxicas coma análises de detalle de textos particulares das distintas tradicións literarias da Europa medieval