[:gl]Estuda as condicións nas que a sociedade contemporánea leva a cabo a recreación da cultura medieval, para o que centra a súa atención nos novos modos de construción narrativa. Estes están condicionados pola crise da razón e a palabra, a volta do mito como clave hermenéutica, así como pola habilitación de medios de narrar alternativos ao discurso verbal, que se apoian na imaxe. Dentro deste marco de comprensión, o cinema artúrico constitúe unha das manifestacións máis produtivas do neomedievalismo, que acompañou ao desenvolvo da arte cinematográfica case desde os seus comezos. A análise de tres das grandes producións cinematográficas de finais do século XX e comezos do XXI (Excalibur de John Boorman, First Knight de Jerry Zucker e King Arthur de Antoine Fuqua) revela como ditas películas reflicten sucesivos modos de interpretar a cultura medieval e o universo ficcional artúrico, o que á súa vez deixa ver como cada época envorcou neses relatos a súa maneira de explicar a súa propia contemporaneidade ao través das reconstrucións do pasado.[:es]Estudia las condiciones en las que la sociedad contemporánea lleva a cabo la recreación de la cultura medieval, para lo que centra su atención en los nuevos modos de construcción narrativa. Éstos están condicionados por la crisis de la razón y la palabra, la vuelta del mito como clave hermenéutica, así como por la habilitación de medios de narrar alternativos al discurso verbal, que se apoyan en la imagen. Dentro de este marco de comprensión, el cine artúrico constituye una de las manifestaciones más productivas del neomedievalismo, que ha acompañado al desarrollo del arte cinematográfico casi desde sus comienzos. El análisis de tres de las grandes producciones cinematográficas de finales del siglo XX y comienzos del XXI –Excalibur de John Boorman, First Knight de Jerry Zucker y King Arthur de Antoine Fuqua- revela cómo dichas películas reflejan sucesivos modos de interpretar la cultura medieval y el universo ficcional artúrico, lo que a su vez deja ver cómo cada época ha volcado en esos relatos su manera de explicar su propia contemporaneidad a traves de las reconstrucciones del pasado.[:en]Sorry, the main information of this profile is only available in galician and in castilian.[:]