[:gl]Os apógrafos italianos B e V ofrecen a partir dun determinado momento unha alteración significativa na disposición de xéneros e autores, alteración que pode ser aproveitada para comprender os diversos niveis que se superpuxeron no devir da tradición manuscrita galego-portuguesa. Neste caso, a contribución céntrase na análise codicolóxica dun sector do cancioneiro B, en concreto no que recolle a produción de Martin Soarez (ca. 1200-1260), trobador ao que a crítica considerara como un dos integrantes do arquetipo da tradición. Se ben a maior parte da súa produción poética corrobora dita afirmación, os seus textos satíricos presentan unha transmisión manuscrita pouco lineal. O noso estudo achega unha serie de probas encamiñadas a demostrar que as cantigas de escarnio e maldizer do trobador portugués ofrecen unha estratigrafía en tres niveis, o que testemuña a heteroxeneidade de fontes e compiladores que confluíron no denominado subarquetipo α (ca. 1325-1350).[:es]Los apógrafos italianos B y V ofrecen a partir de un determinado momento una alteración significativa en la disposición de géneros y autores, alteración que puede ser aprovechada para comprender los diversos niveles que se superpusieron en el devenir de la tradición manuscrita gallego-portuguesa. En este caso, la contribución se ha centrado en el análisis codicológico de un sector del cancionero B, en concreto en el que recoge la producción de Martin Soarez (ca. 1200-1260), trovador al que la crítica había considerado como uno de los integrantes del arquetipo de la tradición. Si bien la mayoría de su producción poética corrobora dicha afirmación, sus textos satíricos presentan una transmisión manuscrita poco lineal. Nuestro estudio aporta una serie de pruebas encaminadas a demostrar que las cantigas de escarnio e maldizer del trovador portugués ofrecen una estratigrafía en tres niveles, lo que testimonia la heterogeneidad de fuentes y compiladores que confluyeron en el denominado subarquetipo α (ca. 1325-1350).[:en]Sorry, the main information of this profile is only available in galician and in castilian.[:]